Cargando resultados...
Corenta anos de Érguete nunha mostra en Vigo
Inaugurouse no Marco unha mostra que homenaxea a xeración de nais que comezou a loita contra a droga
G24.gal
28/02/2025 20:41
Última actualización 28/02/2025 21:13
Este serán inaugurouse en Vigo a mostra: 'Érguete, a pegada das nais'.
Unha homenaxe a aquelas nais que hai corenta anos cando ninguén coñecía os efectos letais das drogas pelexaron pola saúde dos seus fillos.
Carme, Dora e Elvira poderían ser hoxe unhas avoas anónimas pero decidiron loitar para tentar sacar os seus fillos das drogas e devolverlles a dignidade e poñer o foco alí onde debía estar. Aquela loita de hai corenta anos continúa.
A asociación, con todas as súas divisións, atendeu o pasado ano a oito mil persoas. A súa continuidade lémbranos o perigo das drogas.