Cargando resultados...
Comeza a época de graduacións, con celebracións por todo o alto
Só no campus de Vigo, máis de mil estudantes celebrarán os seus actos de graduación
Unha celebración que inclúe un acto oficial na propia universidade coa imposición de bandas, pero tamén unha festa posterior con todo o que a rodea
Só no campus de Vigo neste mes celebrarán a súa graduación máis de mil estudantes
G24.gal
06/06/2025 21:03
Última actualización 06/06/2025 21:14
Traxes, vestidos, fotos para a orla, peiteados, maquillaxe e mesmo algún agasallo. As graduacións universitarias supoñen tamén un importante desembolso para as familias, que o fan cheos de ilusión.
Ao acto académico da imposición de bandas, séguelle unha primeira celebración na propia facultade, á que se suma en moitos casos a cea posterior e a festa. Só no campus de Vigo neste mes celebrarán a súa graduación máis de mil estudantes.