Controlados os incendios da Mezquita e os dous de Arbo
Déronse por extinguidos os incendios de Ponteareas, Calvos de Randín, Maceda e Elviña
Os investigadores buscan pistas sobre a autoría do incendio de Verín
.png)
Na xornada deste venres, Medio Rural deu por controlados os incendios que afectaban A Mezquita e os dous de Arbo.
O lume da Mezquita deuse por estabilizado este xoves despois de calcinar 150 hectáreas. No caso de Arbo, o da parroquia de Barcela deuse por controlado no mediodía do venres e deixa 82 hectáreas queimadas. O da parroquia de Mourentán controlouse na noite deste venres despois de calcinar 400 hectáreas.
Extinguidos os incendios de Ponteareas, Calvos de Randín, Maceda e Elviña
Os equipos de extinción traballan arreo para poder sufocar as lapas. Puideron dar por extinguidos os incendios en Ponteareas, Maceda, Calvos de Randín e Elviña.
Os lumes sufocados este venres son os de Ponteareas, despois de calcinar 20 hectáreas no municipio de Padróns, e o de Maceda, que arrasou 150 hectáreas despois de iniciarse en tres focos diferentes e simultáneos.