Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúan as vacinacións dos sanitarios e dos maiores de 60 anos nas grandes áreas

Continúan as vacinacións dos sanitarios e dos maiores de 60 anos nas grandes áreas

G24.gal 29/10/2022 14:39 Última actualización 29/10/2022 15:21

As vacinacións contra o coronavirus continúan esta fin de semana nos grandes recintos. Están abertas para o persoal sanitario galego e tamén para os maiores de 60 anos, foran ou non citados. 

No IFEVI, como exemplo das grandes áreas no resto de Galicia, hoxe estaban citados os sanitarios e a franxa de idade entre os 60 e os 69 anos. Tamén poden recibir a vacina os maiores de 70 e 80 anos que non tiveran acudido á su cita no día que os chamaron.

A administración da cuarta dose, válida para Ómicron e para as variantes BA4 e BA5, varía segundo a franxa de idade. Na diana dos 80 anos xa hai un 75 % vacinados, na dos 70 un 65 %. Entre os 60 e 69 anos aínda resta unha semana de vacinación programada. 

"A resposta aos grandes centros de vacinación foi moi boa. Nós entendemos perfectamente que a moita xente lle custe chegar aos grandes centros de vacinación. Insistimos en que se non podían ir ou non querían, podían facelo despois nos centros de saúde, nunha segunda quenda, como xa se fixo. Pero tamén é certo que a xente que vive máis no ámbito urbano hai moita dela que lle é máis cómodo acudir aos puntos masivos", relata o conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña.

A covid-19 segue e seguirá este inverno entre nós. En Galicia hoxe hai 2.435 casos activos por coronavirus, 6 persoas na UCI e 178 ingresadas en planta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade