Continúa o debate sobre se os hostaleiros deben dar os petiscos de balde
En xeral, cren que os clientes xa están moi afeitos a este costume
Entramos en Lugo, na cociña do bar Balfer, onde Fina preparou para hoxe doce tapas diferentes.
Para que lle dea tempo a preparar as tapas emepza a traballar cada día ás seis e media da mañá. O seu home é quen atende o bar dende hai 26 anos que abriron. Cre que se non desen tapas non habería clientes.
Os clientes concordan en que sen tapas de balde a hostalería en Lugo decaería.
O luns este bar está cheo de xente que vén tomar a tapa de paspallás; o venres os callos. E malia o custo que lles supoñen van seguir ofrecendo as tapas de balde, lonxe da polémica sobre se deben cobrarse ou non.
Nestoutro restaurante tamén ofrecen as tapas de balde. Hoxe hai sete diferentes.
Pamplona ou Donostia, onde os petiscos se cobran mínimo, sobre os dous euros, non poden ser un referente en cidades como Lugo onde, segundo os hostaleiros cos que falamos, a tapa gratis forma parte do márketing, do atractivo e da esencia da propia cidade.