Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa o calvario para os veciños da rúa de Touro, en Santiago

Continúa o calvario para os veciños da rúa de Touro, en Santiago

Intensifícase a vixilancia policial na rúa de Touro

Os veciños viven atemorizados polos comportamentos incívicos dos novos inquilinos 

 

O edificio en conflito é o número 12 da rúa de Touro, en Santiago
G24.gal 27/01/2023 14:19

A paz e a boa veciñanza que había entre as 16 vivendas da rúa de Touro foise ao traste dende que se mudou un novo inquilino.

 "Cando veu para aquí empezou a chegar xente de fóra que parece un piso patera, e a xente que vén non é precisamente xente boa, de feito a policía confirmounos que teñen expedientes delituosos", relata Pilar Sixto, presidenta da comunidade de veciños

Os ruídos e os comportamentos incívicos e agresivos son o pan de cada día dende hai dous meses, neste edificio da rúa de Touro.

 "Son portazos, son berros, desde a rúa, desde a casa, desde as escaleiras, a patadas co portal", continúa

 "Dedícanse a tirar lixo polas ventás, e temos danos constantes, defecan no portal e o ascensor está sucio todos os días", apunta  Yolanda Salvado, secretaria da comunidade de veciños

O peor de todo son as ameazas e as agresións, verbais pero tamén físicas. A unha veciña botáronlle amoníaco aos ollos, só fora pedirlles que non fixesen tanto ruído.

 "Eles ameazándoa dende a ventá que a ían matar, xa polas escaleiras llo dicían e despois pola ventá saíron con coitelos dicindo que a ían matar, a ela e a súa familia", recorda Pilar

Os veciños teñen medo.

"Loxicamente temos medo, máis que nada porque non sabemos en que estado nolos imos atopar" narra Yolanda

Esta mesma semana a policía foi alertada por unha pelexa nesa vivenda e levou detido un home por agredir un axente.

"Espertei sobresaltada, escoitei moitísimo ruído, eran berros, cristais, escoitábase de todo, como unha pelexa, chamouse á policía, a policía presentouse aquí e levaron un detido", relata a veciña".

Os veciños que xa puxeron varias denuncias e mesmo falaron co alcalde, agradecen que se intensificara a vixilancia policial.

"Onte, en 24 horas viñeron 4 veces a Policía Nacional e Local, entón xa empeza a ser un desgaste constante".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade