Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aviso laranxa na costa galega por mar de fondo, con ondas de 5 a 7 metros de altura

Aviso laranxa na costa galega por mar de fondo, con ondas de 5 a 7 metros de altura

A frota segue amarrada a porto

A situación vaise estender, polo menos, ata a madrugada do sábado

G24.gal 28/01/2026 14:24

Con moita bravura batía esta mañá o mar en Malpica: "As ondas saltan ao espigón".

Segue activado o aviso laranxa en toda a costa galega, porén a envergadura da onda é maior que onte. 

A concatenación das borrascas Joseph e Kristin fai que se agrave a situación. Axuda o vento do sur fundamentado con ondas que arrastra o mar de fondo, deixando un día máis os barcos amarrados: "Xa levamos moito tempo sen ir ao mar. Temporal si, temporal tamén... É moi difícil saír ao mar con estas condicións".

Con todo, sempre hai algún ousado: "O meu fillo ten barco e hoxe saíron á xouba. A unha hora de aquí".

O aviso laranxa por temporal costeiro está activado ata a medianoite do sábado que é ata onde chegan as axencias. Haberá que agardar ata mañá para saber se se estende tamén ao domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade