Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa disparada a venda de 'pellets'

Continúa disparada a venda de 'pellets'

Os comercializadores afirman que non vai haber desabastecemento e chaman ao sentido común

G24.gal 13/12/2022 12:59

Medra a demanda de pellets ante o risco de que en xaneiro expire a rebaixa do 5 % do IVE que se lle aplica ao produto dende outubro. Este incremento nos pedidos repercute nos stocks e pode ter como consecuencia unha alza nos prezos. Hai grandes superficies que racionan as vendas fixando un límite por persoa para evitar desabastecementos.

"Esto pasou como co papel hixiénico na pandemia" comenta un comercializador. A demanda de pellets comezou no verán, cando o saco pasou de valer catro euros a sete. E continúa agora que en xaneiro podería expirar o IVE reducido ao 5 %. "Esta demanda rebenta o mercado. Hai xente que chamou de León ou Asturias e díxenlles que non, porque eu non teño pellets para andar especulando". Di o mesmo comercializador.

Os comercializadores afirman que non vai haber desabastecemento e chaman ao sentido común. "O normal é ir consumindo semana a semana, porque antes ou despois vai baixar".

Foron moitos os que decidiron pór límite ás vendas. En Galicia reciben chamadas doutros puntos de España e mesmo de Italia ou Francia, onde si sofren desabastecemento porque se subministraban de Ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade