Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sen rastro dos tres desaparecidos durante o temporal en Toledo e Madrid

Sen rastro dos tres desaparecidos durante o temporal en Toledo e Madrid

Unha muller e dous homes foron arrastrados pola auga nunha gota fría que contabiliza tres falecidos polo momento

G24.gal 05/09/2023 14:02

Continúa a busca das tres persoas desaparecidas como consecuencia da DINA nas provincias de Toledo e Madrid. Os rastrexos concéntranse no leito do río Alberche e nas proximidades da localidade toledana de Valmojado.

Axudados por varas para tentear o terreo, os axentes da Garda Civil percorren o leito e as ribeiras do Alberche. Buscan o home desaparecido en Aldea del Fresno ao ser arrastrado o vehículo que conducía pola enchente do río.

Desde as alturas, un helicóptero do instituto armado colabora na operación de busca. No rastrexo participan tamén os bombeiros, Policía Local e membros dos servizos de emerxencias madrileños.

Preto de alí, en Villamanta, mesmos protagonistas e idéntico obxectivo: atopar un desaparecido durante o temporal. Neste caso, un home de 83 anos a quen levou a corrente preto da súa casa.

Máis ao sur, na localidade toledana de Valmojado, o rastrexo concéntrase na zona onde desapareceu unha muller que circulaba en coche por unha estrada local. "Hai equipos especializados en busca de montaña, hai drons, ou sexa, unha mobilización importante para atopar esta persoa desaparecida". A busca resultou polo momento infrutuosa.

Nesta mesma provincia, o temporal deixou tres mortos en Casarrubios, Bargas e Camarena. O sábado dous excursionistas morreron nun barranco do concello oscense de Sallent de Gállego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade