Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa a expansión das cadeas de supermercados, que saíron fortalecidas da pandemia

Continúa a expansión das cadeas de supermercados, que saíron fortalecidas da pandemia

A cadea alemá ALDI abre en Santiago o seu primeiro establecemento en Galicia

Un modelo de negocio baseado nos descontos cunha oferta crecente de alimentos saudables

G24.gal 03/11/2021 15:58

Co reclamo de grandes descontos en alimentación, produtos diferenciados e ofertas de inauguración, así estaba esta mañá o acceso ao primeiro supermercado ALDI que abre en Galicia. Ringleiras de clientes agardaban para encher os carros da compra nun novo establecemento que basea o seu modelo de negocio nas marcas propias, o 86 % das que ofrecen, na aposta polos produtos saudables e no axustado dos prezos. 

O director de Expansión de ALDI para Galicia e Asturias, Víctor Nieto, explica que o cliente se fixa cada vez máis en que os alimentos sexan saudables, cun crecemento de venda dos frescos, e tamén no prezo.

Os supermercados que mellor parados saíron dos meses duros de confinamento foron os rexionais. En Galicia, Gadisa ou Vegalsa medraron o ano pasado máis que xigantes como Mercadona, coa proximidade e a confianza do consumidor como gran baza.

Dúas vantaxes que establecementos como este que hoxe abriu en Santiago queren incorporar á súa oferta. Faino abastecéndose con provedores do mercado interno. Así, Víctor Nieto explica que o 80 por cento dos seus provedores son nacionais e 30 deles son galegos.

Tamén incorporan o galego á rotulación e á publicidade desta nova superficie de 1.250 metros cadrados que dá emprego a 23 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar