Conta atrás para o Arde Lucus 2025, que contará con máis de 320 actividades
Os festexos comezan este xoves
A cidade xa está engalanada e ultímanse os preparativos dos campamentos romanos e castrexos
Conta atrás para o Arde Lucus 2025. O vindeiro xoves pola tarde comeza o festexo. As rúas de Lugo xa están engalanadas para recibir castrexos, romanos, visitantes e os propios veciños do concello que coa súa implicación no evento lograron co paso dos anos que a celebración acadase a distinción de Festa de Interese Turístico Internacional.
Serán catro días de festa con máis de 320 actos programados polo Concello. Non faltarán o Circo, as loitas de gladiadores, os desfiles, os Xogos da Palestra e Panelénicos...
Para involucrar nenos e mozos e formar unha remuda xeracional, o Concello deseñou varias actividades destinadas á xente nova.
Do 12 ao 15 de xuño Lugo volve ser Lucus Augusti.