Consulta aquí os festivos que terás no ano 2025
Galicia terá o vindeiro ano 12 festivos, entre eles, o 17 de maio e o 25 de xullo

Galicia volverá ter o 17 de maio (sábado), Día das Letras Galegas, e o 25 de xullo (venres), Día Nacional de Galicia, como festivos autonómicos para o próximo ano, do mesmo xeito que nos últimos exercicios.
Así o establece o segundo o calendario laboral aprobado este luns polo Consello de la Xunta.
A normativa estatal establece 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio, das que dúas son elixidas por cada concello.
Dos outros 12 festivos restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles, a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (18 de abril en 2025), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro.
En 2025, un destes festivos nacionais, o 12 de outubro (Festa Nacional de España) coincide en domingo, polo que Galicia propón substituílo polo 17 de maio, Día das Letras Galegas, que cae en sábado.
Os outros tres festivos de carácter nacional, que son opcionais, poden ser substituídos polas comunidades autónomas.
Así se dá a opción de escoller entre o 19 de marzo e o 25 de xullo, e Galicia decántase por este último. Mentres, o 6 de xaneiro e o Xoves Santo (que en 2025 se celebrara o 17 de abril) mantéñense como festivos.
A Xunta sempre elixe o 25 de xullo.
Por tanto, as festas do calendario laboral para Galicia no 2025 son: Aninovo (1 de xaneiro), Día de Reis (6 de xaneiro), Xoves Santo (17 de abril), Venres Santo (18 de abril), Festa do Traballo (1 de maio), Día das Letras Galegas (17 de maio), Día Nacional de Galicia (25 de xullo), Asunción da Virxe (15 de agosto), Todos os Santos (1 de novembro), Día da Constitución Española (6 de decembro), Inmaculada Concepción (8 de decembro) e Natividade do Señor (25 de decembro).
A estes días haberá que sumar os dous festivos que determina cada concello.