Frankamp marcha dun Breogán que estreita o cerco sobre o pivote Ismael Kamagate
O base tivo un paso moi discreto no club e seguirá na ACB xogando en Palencia
Kamagate é un pivote francés que estaba xogando no Olimpia de Milán
Conner Frankamp e o Breogán chegaron a un acordo para dar por finalizada a súa etapa en Lugo. Seguirá na Liga ACB e nun rival directo pola permanencia, o Zunder Palencia.
O xogador, de 28 anos, chegou a Lugo a principios do pasado mes de outubro para substituír a baixa do esloveno Zan Mark Sisko, quen decidiu abandonar o club por motivos persoais.
Coa camiseta do Breogán disputou nove partidos na liga Endesa, en que apenas ha mediou 3.3 puntos e 1,9 asistencias, e cinco da liga de Campións, cunha media de sete puntos e 1,2 asistencias por choque.
Nos últimos tres partidos oficiais do seu equipo, dous da competición nacional e outro da competición continental, Frankamp quedou fóra da convocatoria do técnico croata Veljko Mrsic.
Oco para Ismael Kamagate
A marcha de Frankamp deixa marxe salarial para incorporar un xogador que podería ser o pivote francés Ismael Kamagate. Físico para a pintura con experiencia na Euroliga. Kagamate estaba no Olimpia de Milán, onde gozaba de menos protagonismo do que agardaba (12 minutos e 6'3 puntos de media) despois de facer moi boas temporadas en París, onde mediou 9'9 puntos, 7'6 rebotes en 22 minutos a campaña anterior.