Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta destinará 36 millóns de euros para a contratación de desempregados

A Xunta destinará 36 millóns de euros para a contratación de desempregados

O plan ten como destinatarios empresas, concellos ou entidades sen ánimo de lucro que contraten persoas con dificultades para atopar traballo: mozos, emigrantes retornados, maiores de 55 anos ou persoas en risco de exclusión social

G24.gal 26/01/2023 11:50 Última actualización 26/01/2023 14:39

Visto e prace da Xunta a catro liñas de axudas a empresas, concellos ou entidades sen ánimo de lucro que contaten este ano persoas desempregadas e con dificultades para atopar un traballo: mozos, emigrantes retornados, maiores de 55 anos ou persoas en risco de exclusión social.

Na súa reunión semanal, o Goberno galego tamén presentou un plan para o sector da cultura, dotado con 34 millóns de euros. Entre as medidas, está a creación dunha rede de centros culturais no rural.

Ademais O Consello da Xunta tamén declarou iniciativa empresarial prioritaria a futura fábrica farmacéutica que se vai construír en Monforte.

O proxecto prevé un investimento inicial de 33 millóns e crear 62 empregos directos. Nunha primeira fase producirá inxectables, como ampolas ou xiringas, e máis adiante deseñarán novos fármacos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade