Publicador de contidos

Publicador de contidos

Confeiterías a pleno rendemento e con ringleiras para facerse coas roscas de Reis

Confeiterías a pleno rendemento e con ringleiras para facerse coas roscas de Reis

Os clientes agardan ata máis dunha hora para facerse coa súa sobremesa favorita

G24.gal 02/01/2026 14:45

A conta atrás para o día de Reis nótase nas confeiterías. Cos obradoiros traballando sen descanso e o seu recendo invadindo as rúas, a rosca volve ser a protagonista destas datas.

"Nestes días de xaneiro sacamos máis de mil ou de dous mil", asegura María Vales López, encargada da confeitería Flory.

Porque este doce convértese en obxecto de desexo para moitos. E por iso hai quen opta por encargalo con antelación.

"E así evitamos ringleiras moito maiores. Conxelámolo e sacámolo ese día".

 E quen prefire achegarse directamente e gardar a súa quenda na ringleira armados de paciencia para levar a súa rosca preferida.

"Eu xa levo aquí unha hora". "Se agardamos este tempo é que algo teñen".

"Son artesanais e todo natural. E iso nótase no sabor", engade Vales López.

As que non se verán na Coruña, este ano por primeira vez, son as típicas ringleiras ás portas da confeitería Glaccé, pechada en setembro despois de 60 anos de actividade.

"Dá pena, pero mercarémolo noutro lado. Hai tradicións que non se poden romper".

E a tradición da rosca de Reis mantense viva, por iso, as pastelerías estes días están a ser o epicentro do sabor máis agardado destas datas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade