Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un gran xabaril sorprende os condutores ao circularen por unha das saídas de Lugo

Un gran xabaril sorprende os condutores ao circularen por unha das saídas de Lugo

Sucedeu na estrada vella de Santiago, á altura do lugar de Torrón, onde o porco bravo adoita provocar danos nos prados

Félix Aragunde 02/01/2026 13:27

Unha gravación feita dende un vehículo dá conta das grandes dimensións dun xabaril visto ao pé da estrada vella de Santiago, na parroquia luguesa de Esperante. O porco bravo sorprendeu os condutores que circulaban polo lugar do Torrón, onde é habitual que estes animais focen nos prados das explotacións gandeiras.

Aínda que nesta ocasión todo quedou nun susto e non houbo consecuencias no tráfico, os residentes na contorna din estar fartos dos danos que lles ocasionan os xabarís nos seus cultivos. Quéixanse, ademais, de que as indemnizacións non lles cobren as perdas.

Dáse a circunstancia de que nos días previos houbo unha batida de caza maior na zona. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade