Reanúdase a actividade no aeroporto da Coruña tras a presenza dun xabaril na pista
A presenza do animal obrigou a desviar varios voos a Santiago, foi o caso do Iberia de Madrid e o EasyJet de Milán
O xabaril xa foi abatido
O aeroporto da Coruña reabriu tras ser pechado durante varias horas pola presenza dun xabaril na pista. A presenza do animal obrigou a pechar o aeroporto e, como consecuencia, víronse afectados varios voos.
En concreto, foron desviados dous voos que tiñan como destino A Coruña, un procedente de Madrid e o outro de Milán.
Así mesmo, foron paralizados outros dous voos -uno tiña destino Madrid e o outro Barcelona- que, segundo indicaron fontes do aeroporto, xa retomaron a súa actividade despois de que o xabaril fora abatido.
Na súa conta na rede social X, o aeroporto coruñés informou desta incidencia.
La presencia de jabalís en pista está complicando las operaciones en Alvedro a esta hora:
— Aeropuerto A Coruña (@aeropuerto_LCG) December 27, 2025
- Vuelo IB453 desde Madrid desviado a SCQ.
- Vuelo U23773 desde Milán desviado a SCQ.
- Salidas paralizadas: Los vuelos UX7232 a Madrid y VY1291 a Barcelona embarcados y esperando.
Tamén deu conta da situación no aeroporto da Coruña o comandante do voo de Iberia que debía realizar a ruta entre a capital española e a cidade galega.
De feito toda a pasaxe do voo IB0453 aterrou en Compostela.
"Lamento traerlles a Santiago", afirmou o piloto, que explicou que non tivo máis remedio e que máis voos se viron afectados, tamén, nalgún caso, pola propia imposibilidade de despegar. "Unha vez máis pedirlles desculpas, pero a aviación é así", dixo, para engadir que nada se pode achacar nin á terminal nin á compañía.
"Simplemente coouse un animal no recinto aeroportuario e por seguridade a pista ten que permanecer pechada", resumiu e agradeceu que se mantivera a calma en cabina.
Un dos pasaxeiros gravou co seu móbil o momento.