Concerto de piano na UCI do CHUO polo Día da Música
A actuación busca pór en valor os beneficios que ten para saúde tanto a nivel físico como emocional
O son do piano enmudeceu, este 22 de novembro, o ruído habitual dos monitores ou respiradores na UCI de Ourense. As melodías axudan a reducir a ansiedade dos pacientes, melloran as súas constantes, como nos lembra a xefa do servizo, María José de la Torre, e axudan a conciliar o sono; tamén diminúe a súa percepción da dor, beneficios físicos que se unen aos emocionais ao evocarnos recordos agradables.
Aos seus 78 anos, Luís Humberto Cao leva toda a súa vida tras o piano. Chegou a acompañar mesmo a Frank Sinatra. Este sábado a súa música ía destinada a menos dunha ducia de persoas pero a emoción, di, foi moito maior. Poder axudar en momentos tan duros, subliña, xera unha ilusión díficil de expresar con palabras.
É o valor terapéutico da música, máis alá do artístico, que o complexo hospitalario de Ourense quere potenciar con máis actuacións como a que tivo lugar para celebrar o día de Santa Icía, patroa dos músicos.