Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comunicado de Ben McLemore: "A verdade sairá á luz e o meu nome quedará limpo"

Comunicado de Ben McLemore: "A verdade sairá á luz e o meu nome quedará limpo"

"Levaranos tempo demostrar os feitos, pero a fiscalía non proporcionou ningunha proba"

"Non violei esa muller, non cometín abusos sexuais, nunca mantiven unha relación cando entendín que a outra persoa non estaba interesada en min"

G24.gal 12/04/2024 07:23

O xogador do Breogán Ben McLemore ofreceu a súa versión dos feitos nun comunicado. Nel reivindica a súa inocencia e asegura: "A verdade sairá á luz e o meu nome quedará limpo". 

"Non estou acusado de usar forza física para violar alguén. Estou acusado de manter relacións sexuais con alguén que agora di que non deu o seu consentimento", comeza a exposición. 

"Non violei esa muller, non cometín abusos sexuais, nunca mantiven unha relación cando entendín que a muller non estaba interesada en min", asegura o xogador. 

"Os meus avogados cooperaron coa investigación. Cando eles me informaron dos cargos fixemos plans para volver aos Estados Unidos e conparecer diante da xustiza. Non puiden facer máis para axudar no proceso", continúa o comunicado. 

"Levaranos tempo demostrar os feitos. A fiscalía non lles presentou aos meus avogados ningunha proba. A verdade sairá á luz e estou convencido de que o meu nome quedará limpo", conclúe o xogador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade