Publicador de contidos

Publicador de contidos

Compás de espera nas Pontes ante a posibilidade de que o Goberno decida a continuidade da térmica

Compás de espera nas Pontes ante a posibilidade de que o Goberno decida a continuidade da térmica

O futuro da central está pendente dun informe de Rede Eléctrica Española

G24.gal 18/08/2022 14:29

Compás de espera nas Pontes. Din desde o comité de empresa de Endesa que Rede Eléctrica debe emitir un informe sobre a necesaidade de que a central siga operativa e, polo momento, non teñen noticias.

Hai dous anos o Goberno decidía pechar unha central adaptada á normativa europea de emisións. Pero as dificultades para garantir o abastecemento de enerxía fixeron dar marcha atrás. Os transportistas que levan o carbón á central está preparados para volver operar. E aseguran que foron eles os que levaron a peor parte do proceso de peche.

Á espera de decisión do Goberno, nas Pontes non dubidan en que este ano estarán operativos, e din que esta situación vén darlles a razón nun proceso de transición enerxética feito ás présas. O presidente do comité de empresa de Endesa, Ricardo Casas, considera que non se pode prescindir dunha tecnoloxía se non hai posibilidade de substituíla.

Mentres, hai máis dun cento de traballadores, directos e indirectos, pendentes do seu futuro inmediato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade