Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os compañeiros do traballador falecido na refinería de Repsol piden unha investigación rigorosa e de carácter público

Os compañeiros do traballador falecido na refinería de Repsol piden unha investigación rigorosa e de carácter público

Traballadores de Repsol gardaron un minuto de silencio

G24.gal 30/03/2022 14:41

Pedro é un dos traballadores que este sábado á mañá estaba a realizar tarefas de mantemento na unidade de conversión da refinaría, cando aconteceu o accidente laboral. Estaba a escasos 25 metros de Unai e do outro compañeiro que segue recuperándose no hospital.

Agora, catro días despois do tráxico suceso, os seus compañeiros seguen pedindo que se esclarezan as causas. E por iso, desde as oito da mañá concentráronse ás portas da factoría. Amais, cortaron o tráfico durante tres horas desde a primeira rotonda de Meicende ata o primeiro cruzamento do polígono da Grela.

Quen o coñecía di que Unai tiña experiencia e que era moi bo rapaz. Contra o mediodía, os traballadores de Repsol gardaron un minuto de silencio como homenaxe e lembranza ao seu compañeiro Unai.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade