Comeza a cuarta edición do Morriña Fest
Xa non quedan entradas para o festival que se está a celebrar no peirao de Batería da cidade herculina
O asturiano Enol e o grupo feminino Marlena foron os encargados de inaugurar os dous escenarios que acollen a cuarta edición do Morriña Fest que arrincou esta tarde na cidade da Coruña, este año nun novo lugar. O peirao de Batería abriu as súas portas ás seis da tarde para recibir os milleiros de asistentes que levaban horas e incluso algún días para ter o mellor ángulo de visión. Cadaquén ten o seu favorito
"Dani Fernández"
"Dani Fernández"
"Veño de Carballo, hai un ambientazo, pero eu só veño por Juan Magán, é o rei do electrolatino".
"Vai empezar en vinte minutos, vimos por Dani Fernández", contan varios asistentes.
Agárdanse 40.000 asistentes para os dous días de festival. Esta noite o británico Louis Tomlinson é a cabeza de cartel, e son moitos os fans que van velo a el sobre todo.
"Porque é un artista co que podes conectar moito, a relación fan artista é moi próxima e preocúpase moito", conta unha fan.
Ás dez da noite será a quenda da arxentina Nicki Nicole e no mesmo escenario serán os Editors os que vibren co seu rock alternativo. Iván Ferreiro, Sen Senra e Juan Magán entre outros, completan o cartel de hoxe. Mañá serán elas as protagonistas, compiten como cabezas de cartel dúas cantantes españolas que arrasan, Aitana e Lola Índigo. Aínda que a primeira hora da tarde aínda quedaba a posibilidade de atopar algunha entrada, arestora está xa todo vendido. E volveremos ver, mañá as mesmas imaxes desta madrugada, fans tapados con manta térmica, agardando na ringleira porque o Morriña Fest ben merece un pequeno sacrificio.