Cargando resultados...
Comezan as xornadas do lacón na Coruña
Poderán degustarse máis de 30 menús completos con prezos entre os 22 e os 35 euros
G24.gal
01/02/2023 21:22
Comeza o mes de febreiro e con el volven á cidade da Coruña as xornadas do lacón.
No seu restaurante, María Jesús ultima a preparación do seu menú das Lacónicas: un cocido elaborado con produto galego con variedade de carnes.
Tampouco faltan as sobremesas de receita propia.
No hotel de Nuria, os fogóns do restaurante diríxeos a avoa Carmen, que estes días pasará máis horas na cociña.
Nas Xornadas Lacónicas poderán degustarse máis de 30 menús completos con prezos que oscilan entre os 22 e os 35 euros.
Unha razón máis para visitar este mes de febreiro a cidade da Coruña.