Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan as obras para a alternativa do tráfico da A-6 entre Galicia e O Bierzo

Comezan as obras para a alternativa do tráfico da A-6 entre Galicia e O Bierzo

G24.gal 11/07/2022 14:53 Última actualización 11/07/2022 15:15

Empezaron as obras na zona do viaduto que caeu entre Pedrafita e O Bierzo, para mellorar a conexión por estrada de Galicia coa meseta. As máquinas traballan polo de agora na parte leonesa, na Veiga do Valcarce. Están facendo unha rampla para enlazar a nacional sexta coa A-6. Intentan reducir o percorrido que fan os coches por estrada desde o derrubamento dese viaduto do Castro.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, mantén que "o obxectivo é que antes de agosto podamos ter ese desvío habilitado e acelerar o paso a través de Pedrafita".

O Goberno segue adiante así con esta variable despois de rexeitar as propostas de Galicia e Castela e León ao consideralas inviables. Dende a Xunta reclámanlle unha opción urxente que evite o paso polo centro de Pedrafita e permita a circulación de transportes especiais.

A conselleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, subliñou que este luns enviaron a súa proposta "mellorada e afinada para resolver as dúbidas do Ministerio de Transportes e non existan escusas".

Mantéñense as investigacións para saber as causas da derruba do viaduto na A-6 hai xa máis dun mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade