Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Barcelona sofre máis do esperado en Guadalaxara (0-2)

O Barcelona sofre máis do esperado en Guadalaxara (0-2)

Os de Flick gañan grazas a un gol de rebote no treito final e outro de Rashford no último minuto do partido

Elx, Valencia e Real Sociedade tamén acceden aos cuartos de final

@FCBarcelona_es @FCBarcelona_es
G24.gal 16/12/2025 23:04

O Fútbol Club Barcelona estará nos oitavos de final da Copa do Rei tras eliminar con máis problemas dos previstos ao Guadalaxara (0–1). Un afortunado gol de Christensen, coa axuda dun defensor local, foi suficiente para certificar a clasificación dun equipo culé que non estivo cómodo durante o partido ante o equipo de Primeira RFEF. No último minuto o inglés Marcus Rashford acadaba o segundo do seu equipo. Sorprendeu Hansi Flick concedéndolle a titularidade o meta alemán Ter Stegen que xogou os seus primeiros minutos esta temporada.

Tamén se clasificaron Real Sociedade, Valencia e Elx. Os primeiros sufrindo no campo do Eldense de Primeira RFEF o que gañaron grazas a un tanto na prolongación de Pablo Marín (1-2). Máis cómoda foi a vitoria do Valencia que derrotou 0-2 o Sporting en Xixón con goles de Lucas Beltrán e Dani Raba. Os ilicitanos gañaron en Ipurúa o Éibar (0-1).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade