Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Atleti arrolla ó Barcelona e pon pé e medio na final da Copa do Rei (4-0)

O Atleti arrolla ó Barcelona e pon pé e medio na final da Copa do Rei (4-0)

Espectacular primeira metade do equipo de Simeone que foi un vendaval de fútbol ofensivo e anotou os catro goles do partido

O equipo catalán viuse superado desde o inicio e rematou con dez xogadores pola expulsión de Eric García

O desenlace da semifinal  o 3 de marzo no Camp Nou

@Atleti @Atleti
G24.gal 12/02/2026 21:23

O Atlético de Madrid achegouse a gran final da Copa do Rei despois de golear ao Fútbol Club Barcelona, 4–0, tras unha primeira metade primorosa do equipo que adestra o Cholo Simeone

Desde o inicio do choque a superioridade colchoeira foi plausible. O primeiro gol chegou tras un erro clamoroso de Joan García que non controlou unha cesión atrás de Eric García convertendo a xogada no primeiro gol do partido. A partir de aí chegou a vertixe dos ataques atléticos. Aproveitándose da liña alta exposta por Flick, o equipo madrileño comezou a plantarse na área culé en claras superioridades. Griezmann, Lookman e Julián atinaron en tres delas antes do descanso deixando un 4–0 no marcador cando rematou a primeira metade. Entre medias soamente Fermín, cun remate ao traveseiro e un man a man que lle parou Musso, levou algo de inquedanza a portería atlética. 

Na segunda metade o Atleti deu un paso cara atrás e o Barcelona cara diante e cedo marcarían os cataláns cun gol de Cubarsí tras un par de rexeites dentro da área. Pero tras máis de catro minutos de deliberación o VAR anulou o tanto por un fóra de xogo milimétrico. Ese parón enfriou os ánimos de remontada culé. O Atleti deixou pasar os minutos defendéndose con orde e sen conceder ocasións. Suficiente para manter a renda e deixar a eliminatoria encarrilada. A maiores o equipo culé quedaría con dez tras a expulsión de Eric García que tamén requiriu a intervención do VAR. O Barcelona necesitará dunha remonta histórica se quere estar na gran final da Copa do Rei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade