Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nick Reiner podería afrontar pena de morte polo asasinato de seus pais

Nick Reiner podería afrontar pena de morte polo asasinato de seus pais

A Fiscalía dos Ánxeles acusa o fillo de Rob e Michele Reiner de dous asasinatos en primeiro grao con circunstancia especial

REUTERS/Aude Guerrucci REUTERS/Aude Guerrucci
G24.gal 16/12/2025 23:06

Nick Reiner, fillo do actor e director Rob Reiner e da produtora e fotógrafa Michele Reiner, afronta dous cargos de asasinato en primeiro grao pola morte dos seus pais nos Ánxeles.

A Fiscalía do distrito confirmou que os cargos inclúen a circunstancia especial de matar máis dunha persoa, o que podería supor cadea perpetua sen posibilidade de liberdade condicional ou a pena de morte.

O fiscal do distrito dos Ánxeles, Nathan Hochman, indicou que tamén se lle imputa o uso persoal dunha arma letal, neste caso un coitelo, para cometer os crimes.

Precisou que aínda non se tomou unha decisión sobre solicitar a pena de morte.

Nick Reiner permanece detido sen dereito a fianza.

A Fiscalía presentará oficialmente os cargos nas próximas horas. Un xurado especial avaliará a evidencia e aprobará a acusación formal.

Unha vez reciba a alta médica, o acusado comparecerá ante o tribunal para declararse culpable ou inocente.

Rob Reiner, de 78 anos, e a súa esposa Michele Reiner, de 70, apareceron mortos o domingo no seu domicilio dos Ánxeles.

Unha das súas fillas atopou os corpos e alertou a Policía, ao indicar que un membro da familia podería ser o responsable.

A Policía arrestou a Nick Reiner esa mesma noite sen incidentes. Segundo as autoridades, non mostrou intención de fuxir nin de opoñer resistencia.

O detido residía nunha vivenda anexa á dos seus pais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade