Cargando resultados...
A Cruz Vermella acompañan a persoas maiores a ver as luces de Nadal en Lugo
É un programa co que pretenden combater a soidade e normalizar a interacción de persoas
G24.gal
16/12/2025 21:12
Última actualización 16/12/2025 21:28
A árbore e o mercadiño ao pé da Casa Consistorial de Lugo coas súas luces, atraen toda a atención de todas as miradas. Con todo, Fina e Malika o que máis valoran é compartir esta xornada.
Son dúas das beneficiarias dun programa de Cruz Vermella para fomentar a comunidade e combater a soidade.
Indica a técnico de Cruz Vermella que "o que pretendemos é que as persoas maiores de Lugo realicen unha actividade normalizada, como faría calquera persoa que vive nesta cidade, de pasear ou ir a tomar café"
Acompañadas de voluntarios da entidade percorren o centro.