Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno non aclara o futuro da autovía Lugo-Ourense

O Goberno non aclara o futuro da autovía Lugo-Ourense

O Ministerio de Transportes ve agora necesario abordar un "estudo integral" e refírese á vía como un corredor

Hai moita indignación entre os transportistas e empresarios polas dúbidas do que consideran un eixo vertebrador fundamental do interior do país

A alternativa é a Nacional 540 que está nun pésimo estado

G24.gal 16/12/2025 20:53 Última actualización 17/12/2025 14:48

O Goberno non aclara o futuro da autovía Lugo-Ourense. Nunha resposta a dous deputados do PP, o Executivo fala da necesidade dun estudo integral e refírese á autovía como un corredor e evita concretar prazos para a súa execución.

A autovía entre as dúas provincias estivo paralizada durante décadas, pero partidos e sociedade civil consideran vital a súa realización para dinamizar o interior galego.

O único treito construído da A-56 son 9 quilómetros escasos entre A Barrela, no concello lugués de Carballedo, e San Martiño, no ourensán de Vilamarín. O resto están en trámites administrativos ou paralizados.

O Ministerio de Transportes ve agora necesario abordar un "estudo integral" e refírese á vía como corredor. Estes termos sementan dúbidas entre os máis afectados, empresarios e transportistas. A nacional 540 e, mentres, a alternativa para viaxar entre as capitais de Ourense e Lugo, unha estrada perigosa polo seu mal estado. Engaden que a A-56 é o eixo fundamental do interior do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade