Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan as obras do desdobramento do último treito da autovía Sarria-Lugo

Comezan as obras do desdobramento do último treito da autovía Sarria-Lugo

Custarán 37 millóns de euros e estará lista en 36 meses 

Con esta obra completarase unha infraestrutura que dará servizo a 100.000 veciños da provincia

G24.gal 05/08/2026 13:48

As máquinas xa traballan nunha das obras máis agardadas na comarca de Sarria: o desdobramento do treito entre Nadela e A Pobra de San Xiao. Son os últimos trece quilómetros e medio que faltan para conectar Lugo e Sarria por autovía, a AG-22

O plan? Construír unha calzada completamente nova en paralelo á estrada actual. Un lavado de cara a fondo que estará listo en 2029, despois dun investimento de 37 millóns de euros.

Máis alá das cifras, o cambio será clave para a seguridade. Suporá o adeus definitivo aos adiantamentos con perigo e traerá moita máis tranquilidade para os máis de 8.000 condutores que pasan por aquí cada día. En total, unha mellora que van notar cen mil veciños de toda a provincia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade