Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan a chegar as multas dos novos sete radares fixos instalados na cidade de Ourense

Comezan a chegar as multas dos novos sete radares fixos instalados na cidade de Ourense

A caixa do radar da avenida de Marín apareceu golpeado, pero segundo fontes municipais non oficiais, foi unha máquina do Adif

O radar situado na rúa Pena Trevinca é un dos que máis infraccións acumula desde o pasado 21 de novembro que empezaron a funcionar

A caixa do radar da Avenida de Marín apareceu golpeada, pero non se sabe que pasou.
G24.gal 19/12/2025 14:08

Cun golpe e coa cámara desprazada, apareceu o radar fixo instalado na avenida de Marín, unhas das principais rúas do barrio da Ponte, en Ourense. 

En realidade non puidemos saber se foi un acto vandálico ou un accidente. Non conseguimos información oficial por parte do Concello de Ourense, pero fontes municipais aseguran que o golpe na caixa do radar foi unha máquina de Adif que traballa nas obras na zona da estación de tren. Adif tampouco confirma nin desmente esta información. 

"De momento tiven sorte, pero factor sorte, nada máis, a 20 que andamos poucos?".

"A min paréceme unha medida moi restritiva, sobre todo para os que andamos continuamente por aí", aseguran dous repartidores. 

Ao parecer este radar situado na rúa Pena Trevinca é un dos que máis infraccións acumula desde o pasado 21 de novembro. Pero o Concello de Ourense négase, por agora, a dar datos oficiais sobre o total das sancións emitidas. Na rúa, hai opinións variadas sobre se o obxectivo dos radares é reducir a velocidade nas vías da cidade ou só ten un fin recadatorio. 

Os máis criticados son os radares limitados a 30 quilómetros por hora... Pero o certo é que o efecto disuasorio entre os condutores e condutoras tamén se comeza a notar, por exemplo na avenida Otero Pedrayo, na zona do Campus de Ourense. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade