A máis multas postas, maior salario, denuncian axentes da Policía Local de Lugo
Queixas na Policía Local de Lugo porque o sistema de produtividade fai que os que máis sancionan gañen máis
Os que menos sancionan gañan cada ano uns 1.300 euros menos, aseguran axentes da Policía Local
Axentes da Policía Local de Lugo denuncia que perciben máis salario cantas máis multas poñan. Isto débese ao sistema de produtividade polo que se rexen, segundo contextualizaron nun comunicado que emitiron; un modelo que prioriza a "cantidade de sancións que se impoñen" fronte a outras funcións policiais como a prevención ou a disuasión.
Os que menos sancionan gañan cada ano uns 1.300 euros menos, aínda que realicen perfectamente o seu labor, segundo se recolle no comunicado, xa que a avaliación da produtividade que reduce o salario dos axentes que non acaden determinado nivel de sancións.
Na avaliación da produtividade priorízase sancionar fronte a outras funcións esencias da policía, como a prevención, a presenza disuasoria ou a resolución de conflitos sen necesidade de multar, co cal incentívanse actuacións rápidas como sancionar dende un coche patrulla no que se van tomando fotos e multando masivamente fronte outras actuacións que requiren máis profesionalidade, máis tempo e maior presenza física.
Para moitos cidadáns tanta multa agocha unha ansia recadatoria.
Os axentes afectados presentaron recursos administrativos pero non só polos cartos, senón porque entenden que o labor da policía non debe ser recadatorio, senón preventivo e orientado á convivencia e á seguridade.