Cargando resultados...
Un turismo esnáfrase contra unha farmacia tras colidir con outro coche na Coruña
A condutora dun dos vehículos tivo que ser trasladada ao CHUAC
G24.gal
05/05/2026 10:19
O accidente sucedía pouco antes das nove da mañá na avenida de Fisterra, unha das principais arterias da cidade. Dous vehículos chocaron entre si no cruzamento coa rúa Padre Sarmiento e un deles foi bater contra a fachada dunha farmacia.
Ata o lugar desprazáronse os bombeiros, a Policía Local e urxencias médicas. Finalmente a condutora dun dos vehículos sinistrados tivo que ser trasladada pola ambulancia ao complexo hospitalario da Coruña.
O accidente provocou importantes retencións de tráfico, coincidindo coa hora punta da mañá. A esta hora segue cortado un dos carrís, pero o tráfico é fluído.