Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polo menos 21 mortos e 61 feridos tras a explosión dunha pirotecnia na China

Polo menos 21 mortos e 61 feridos tras a explosión dunha pirotecnia na China

A policía detivo o responsable da empresa e investiga as causas do sinistro

O presidente chinés pide que se depuren responsabilidades

Os bombeiros traballan para extinguir o incendio declarado tras a explosión dunha fábrica de fogos artificiais en Hunan (cnsphoto vía REUTERS) Os bombeiros traballan para extinguir o incendio declarado tras a explosión dunha fábrica de fogos artificiais en Hunan (cnsphoto vía REUTERS)
G24.gal 05/05/2026 08:30

Polo menos 21 persoas morreron e outras 61 quedaron feridas nunha explosión rexistrada nunha fábrica de fogos artificiais na provincia chinesa de Hunan, no centro do país, segundo informou este martes a televisión estatal CCTV.

O estourido produciuse este luns ao redor das 10:43, hora galega, nun taller da empresa Huasheng, dedicada á fabricación e exhibición de fogos artificiais, por causas que están a ser investigadas..

O responsable da empresa foi detido pola policía. Os equipos de rescate, compostos por 480 efectivos, estiveron traballando durante horas tentando verificar o número de vítimas. Os falecidos son polo menos 21. Os feridos foron trasladados a distintos centros hospitalarios.

Dado que o punto da explosión se atopa próximo a dous almacéns de pólvora negra, os equipos de emerxencia evacuaron os residentes próximos e estableceron un perímetro de seguridade para evitar un posible accidente secundario.

O presidente chinés Xi Jinping confía en que os equipos de rescate consigan dar canto antes coas persoas que permanecen aínda desaparecidas e pide que se esclarezan canto antes as causas do suceso e se depuren responsabilidades.

A China rexistra con frecuencia accidentes vinculados á industria pirotécnica: doce persoas morreron o pasado febreiro pola explosión dunha tenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade