Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza un agosto cargado de festas en toda Galicia

Comeza un agosto cargado de festas en toda Galicia

Música, tradición e gastronomía para todos os gustos

G24.gal 03/08/2023 16:57 Última actualización 03/08/2023 19:25

FESTAS TRADICIONAIS

-Desembarco Vikingo en Catoira (Programa) 

Celébrase entre o 1 e o 6 de agosto. O venres actuarán na praia fluvial Luar na Lubre e o grupo Sákld. O sábado haberá xantar viquingo aos pés das torres. Pola noite actuarán Celtas Cortos, Dakidarría, Lontreira e Bloody Sunrise. O domingo 6 celebrarase o desembarco viquingo a partir das 12.30 nas Torres do Oeste.

-Festas de María Pita  (Programa)

O venres 4 actuará Amaia Romero, o sábado 5 veremos a Vanesa Martín e o domingo 6 estará convidado El Kanka.

-Festa da Anunciada en Baiona (Programa)

Celébrase entre o 4 e o 7 de agosto. O venres 4 actúa no parque da Palma Rosario Flores; o sábado 5,  Ana Guerra, e o domingo 6 veremos a El Arrebato.

 

FESTAS GASTRONÓMICAS

-Festa do Albariño de Cambados (Programa)

Celébrase do 2 ao 6 de agosto. As adegas das Rías Baixas estarán representadas en 41 casetas. O venres actuarán Lontreira e Zahara.

-Festa do Mexillón en Rianxo

Celébrase o 4 e o 5 de agosto. A degustación de mexillón comezará o sábado ás 8 da tarde. O domingo 6 será o Xantar Mariñeiro.

-Festa do Bonito en Burela (Programa)

Celébrase o 5 e o 6 de agosto. O sábado actuarán Pauliña ou Ruxe Ruxe e o domingo, Superglú e Escuchando Elefantes.

-Festas do Pemento en Arnoia, Padrón e Oímbra

Padrón reparte o sábado racións de pemento de Herbón na Carballeira do Convento de Santo Antón.

Arnoia honra o seu pemento do 4 ao 6 de agosto con degustacións, actuacións musicais e concentración de vehículos clásicos.

Oímbra celebra a festa do pemento o domingo 6 con comida popular e concerto de Susana Seivane.

-Festas do Percebe en Aguiño, Cedeira e Rinlo

En Cedeira, o percebe poderá probarse no porto tanto o sábado coma o domingo.

En Rinlo, a degustación será o sábado.

En Aguiño, a festa comeza o domingo ás 12.

 

FESTIVAIS

-Festival de Pardiñas en Guitiriz  (Programa)

Celébrase do 4 ao 6 de agosto. Os concertos reunirán a fin de semana a artistas galegos, escoceses, franceses, asturianos ou valencianos.

-Rock in Cambre  (Programa)

A festa comeza o sábado 5 de agosto con Ugly Kid Joe, Sex Museum, Bala, Os Rastreros, ITH, Lost Minnow, Low Gain e Replicantes.

-Reggaeton Beach Festival en Nigrán  (Programa)

Celébrase o 5 e o 6 de agosto no parque industrial Porto do Molle. Actuarán Ozuna, Anuel AA, Jhayco, Lunay ou Young Miko, entre outros. 

-SonRias Baixas  (Programa)

Celébrase en Bueu os 3, 4 e 5 de agosto.

Este ano están convidados artistas como Lendakaris Muertos, Cool Nenas, Macaco, Lamatumbá, Ortiga ou La Pegatina.

-Con voz de Muller en Pontevedra

Celébrase do 3 ao 6 de agosto na praza da Ferrería. Serán catro noites de música para amosar o potencial feminino galego na música contemporánea. Actuarán A banda da Loba (venres 4), Leilía (sábado 5) e Sés (venres 6).

-Festival Loro Facu en Miño

O Loro Facu celébrase en Miño os días 4 e 5 de agosto. Subirán ao escenario grupos como Fillas de Cassandra, Medalla, Amoebo, MT, URSS, Bestas ou True Mountains.

 

CONCERTOS

-Milladoiro, en Ribeira

A banda de folk actuará o sábado día 5.

-Carlos Núñez, en Nigrán

 O famoso gaiteiro actuará en Monteferro o venres ás 20:00 e o sábado ás 11:00 e ás 20:00.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade