Cargando resultados...
O Caudal Fest de Lugo despide a tempada de festivais de verán
Este ano o festival alcanza a cuarta edición
Actúan unha vintena de agrupación, entre outros Morad, Ilegales ou Estopa
G24.gal
16/09/2022 21:20
O Caudal Fest xa botou a andar en Lugo. Unha cita que coloca á cidade amurallada no circuíto de festivais musicais e que este ano alcanza a cuarta edición. Son dous días de festa en que subirán ao escenario unha vintena de grupos.
Hoxe xa o fixeron León Benavente e Judeline, pero o festival continúa ata ben entrada a noite e tamén mañá. Será o día de Ilegales, Robe ou Agoraphobia. Tamén é a despedida ante o público galego do grupo Izal.