Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a temporada estival en Galicia, cunhas previsións de ocupación moi favorables

Comeza a temporada estival en Galicia, cunhas previsións de ocupación moi favorables

Algúns veraneantes, os máis madrugadores, xa están no destino elixido, pero outros, os máis, chegarán nas próximas horas ou durante a fin de semana

Veraneantes hoxe na praia de Silgar en Sanxenxo
G24.gal 01/07/2022 13:37

O un de xullo marca o inicio da temporada de vacacións estivais para boa parte da poboación.
Algúns veraneantes, os máis madrugadores xa están no destino elixido, pero outros, os máis, chegarán nas próximas horas ou durante a fin de semana.

"Sobre todo de Portugal, que para os portugueses seguimos sendo como esa extensión do seu territorio, e despois de Madrid, da zona centro de España son de onde proceden os turistas que chegan a Galicia buscando, pois iso, unha estabilidade do tempo".

As previsións do sector en Galicia para este verán superan as do ano anterior á pandemia, e nalgunhas zonas, como as Rías Baixas ou A Ribeira Sacra, agárdase que a ocupación chegue ao cen por cento.Moitos dos que nos visitan xa levan tempo repetindo destino.

"Hai máis de 25 anos que vin por primeira vez, encantoume e desde aquela practicamente ano si e ano tamén".

"Gústanos o ambiente, a xente, a comida, e logo está moi preto todo. Estes días fomos a Santiago, Pontevedra, Cambados. Coñecemos todo ao redor, incluso ata Portugal".

O éxodo estival anual xa comezou, agora só queda que o tempo acompañe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade