Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a campaña do ensilado da herba con dúas semanas de atraso polas chuvias de marzo

Comeza a campaña do ensilado da herba con dúas semanas de atraso polas chuvias de marzo

Na Terra Chá aínda non puideron empezar porque hai moita auga acumulada

As máquinas traballan xa nas leiras que foron secando grazas ao tempo solleiro destes días
G24.gal 15/04/2024 19:47 Última actualización 15/04/2024 19:54

En moitos puntos do noso rural, a imaxe que máis se repite estes días é a da maquinaria traballando a todo ritmo para recoller a herba aproveitando que, por fin, a terra secou, logo dun mes de marzo extremadamente chuvioso que retrasou o inicio da campaña do ensilado.

Traballan nas leiras, que están ben secas, pois outramente poden sacar moita terra. Nalgunhas zonas, por exemplo da Terra Chá, aínda non puideron empezar porque hai moita auga acumulada. 

A previsión para os vindeiros días apunta a un tempo seco e tamén con vento, un escenario que vai axudar a reducir a humidade dos terreos e a contar cunha herba de calidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade