Cargando resultados...
Colectivos diversos limpan xuntos a praia de Riazor
ASPRONAGA, o Centro de Integración Social Carmela Arias y Díaz de Rábago e o Centro Penitenciario Teixeiro uniron esforzos na retirada de plásticos
A actividade, encadrada na Semana dos Océanos, estivo coordinada pola Fundación Érguete-Integración
G24.gal
04/06/2025 13:30
Xornada de limpeza na praia de Riazor protagonizada por diversos colectivos de carácter social. A Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia, ASPRONAGA, o Centro de Integración Social Carmela Arias y Díaz de Rábago e o Centro Penitenciario Teixeiro uniron esforzos na retirada de plásticos do areal.
A actividade, encadrada na Semana dos Océanos, estivo coordinada pola Fundación Érguete-Integración.