Publicador de contidos
Publicador de contidos

275 bicicletas antigas forman a interesante colección dun particular de Lugo

275 bicicletas antigas forman a interesante colección dun particular de Lugo

A bicicleta máis antiga data de 1890

Representan a historia deste vehículo en España

G24.gal 05/01/2022 20:35

Os visitantes da cidade de Lugo afeccionados ao ciclismo poden ver verdadeiras marabillas na colección de bicis antigas de Juan Granados, un particular que comezou con esta afección hai algo máis dunha década e agora suma xa 275 bicis, ou o que é o mesmo, 275 historias.

Unha Quillet de 1890 é ou unha Morenito coas llantas de madeira son algunhas das moitas curiosidades que agocha nunha colección na que non falta detalle. Hai bicis dos repartidores de Correos dos anos 40, carriños de xeados e mesmo bicicletas militares.

Hai exemplares restauradas que aluga para filmes, bicis de nenos propias dos 80 e complementos da historia de cada unha delas.

O seu próximo obxectivo para completar a colección é conseguir unha das antigas bicicletas da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar