Coches en mal estado e horas de espera ao contratar un aparcadoiro ilegal na Lavacolla
Os usuarios pensaban que contrataban un servizo de calidade que se anuncia en Internet
María atopou o aparcadoiro en Internet, de feito, foi a primeira opción que lle saíu ao buscar onde deixar o coche. O que non esperaba era que ao volver de viaxe ían dicirlle que entregara o coche sen matrícula e non se fixeran cargo dos danos. Había máis xente e atendíanos como se fose unha feira.
Devolvéronos o coche sen matrícula e dixeron que xa o entregaramos así.
"Tiñan que traernos o coche e non chegaba, estivemos máis dunha hora esperando. Cando chegou viña coa matrícula arrincada e cunha lata de cervexa a medio beber dentro do coche, sen explicación nin responsabilidade" asegura María Cárdenas unha das afectadas.
Dixéronnos que buscásemos un taller para arranxalo.
O caso de María non é o único. Hai ducias de persoas que pensaron que estaban contratando un servizo que custodiaba os seus vehículos. Algún usuario, cun coche de alta gama, mesmo detectou a través do servizo de localización do coche que a empresa o empregou para os seus desprazamentos.
"Houbo xente que estivo máis tempo esperando polo coche do que durou o voo. Estivemos falando cunhas rapaza, que lles pasou o mesmo que a nós, que sempre deixaban o coche noutro aparcadoiro, pero que desta volta non había sitio. E xa estaba preocupada porque que xa oíra xa falar dun aparcadoiro que deixaba os coches mal estacionados que despois os donos recibían multas e mesmo podían provocar accidentes e xa sospeitamos que fosen eles", afirma María.