Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cobran un suplemento de 2 € a unha parella que non pediu tomar entrantes

Cobran un suplemento de 2 € a unha parella que non pediu tomar entrantes

Dende as asociacións de consumidores alertan de que é unha práctica ilegal, aconsellan denunciar estas prácticas e conservar sempre o xustificante

Por iso é importante revisar sempre a conta antes de efectuar o pagamento

No tícket figuraba non tomar entrante como un concepto facturable
G24.gal 15/05/2025 15:40

Que lles parecería se nun restaurante lles cobrasen por algo que non pediron?

 "Pois a verdade é que mal, bastante mal", comenta un señor

"Se ti non consomes algo, pois non che poden cobrar", afirma Cheche Real, presidente da Confederación de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Galicia.

Pois iso sucedeu nun restaurante en Mallorca. Unha parella descobre tras revisar a conta do restaurante onde acababan de comer que lles cobraron un suplemento de dous euros por non pedir entrante. Isto deixa ao descuberto unha nova práctica ilegal.

"Temos que diferenciar o que pedimos e o que se consome no seu caso, pero se non pedimos un servizo, un produto por suposto non se pode cobrar por el", explica Miguel López, presidente da Confederación Consumes e secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia.

Cousa diferente é cando o que se pide é un menú pechado, como o menú do día.

 "O establecemento ten todo o dereito a cobrarche todo. Se ti dis non, é que eu só quero o filete e entón tenme que cobrar menos. Non. É un prezo pechado", continúa Miguel López

O feito de que no tícket figurara non tomar entrante como un concepto facturable fala dunha práctica frecuente.

"Evidencia que non foi unha cousa que pasou nunha única ocasión, senón que é algo que se pode estar facendo con carácter habitual", opina Miguel López.

Por iso é importante revisar sempre a conta antes de efectuar o pagamento

"Habitualmente miramos que nos cobren polo que consumimos".

"Miro ata por detrás do tícket por se acaso pon algo".

Dende as asociacións de consumidores aconsellan denunciar estas prácticas e conservar sempre o xustificante.

 "Se non levamos o tícket xunto co xustificante de pagamento, as nosas dificultades para poder formular unha reclamación medran de forma exponencial".

No caso en cuestión os clientes protestaron e devolvéronlles os cartos, pero non todo o mundo reaccionaría así.

"Eu preguntaría, e en caso de que as cousas se alterasen, eu non buscaría conflito, pagaríao, iríame e xa está. E non volvería", conclúe un rapaz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade