Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Centro de Hostalería de Galicia fai 30 anos como un dos "mellores" do mundo

O Centro de Hostalería de Galicia fai 30 anos como un dos "mellores" do mundo

No acto de graduación da última promoción, Rueda salienta a aposta do seu Goberno por profesionalizar o sector turístico

G24.gal 24/05/2025 13:14 Última actualización 24/05/2025 14:29

O Centro Superior de Hostelería de Galicia cumpre 30 anos consolidado como unha das melloras escolas de formación en turismo máis recoñecidas de Europa. Polas súas aulas, en Santiago, pasaron nas últimas tres décadas máis de 3.000 alumnos que hoxe traballan en cadeas hoteleiras de todo o mundo.

Este sábado graduouse, apadriñada polo presidente de AC Hotels, Antonio Catalán, a última promoción do Centro Superior de Hostalería de Galicia. Son 47 alumnos e alumnas que reciben un título que lles abrirá as portas das mellores cadeas hoteleiras do mundo.

A este acto asistiu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que destacou a aposta do seu goberno por profesionalizar o sector do turismo, con centros coma este, adscrito á Universidade de Santiago. A Xunta destinará 2,5 millóns de euros ao novo plan de formación desta escola.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade