Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asociacións de xuíces e fiscais convocan un paro contra as últimas reformas legais

Asociacións de xuíces e fiscais convocan un paro contra as últimas reformas legais

A protesta será de dez minutos o 11 de xuño ás 12 do mediodía

G24.gal 23/05/2025 16:20

Tres asociacións de xuíces e dúas de fiscais convocaron un paro de dez minutos a partir das doce do mediodía do próximo 11 de xuño para visibilizar o seu descontento co anteproxecto do Goberno de modificación da Lei Orgánica do Poder Xudicial e o Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal.

As organizacións convocadoras solicitan a retirada da iniciativa porque estiman que "recolle medidas altamente prexudiciais por afectar gravemente a independencia xudicial, non responde a unha demanda social e non contribúe a solucionar os verdadeiros problemas da xustiza, incrementando os riscos da súa politización e debilitando os valores nos que se sustenta o Estado de dereito".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade