Publicador de contidos

Publicador de contidos

Grupos de WhatsApp de pais e nais: ferramenta ou problema?

Grupos de WhatsApp de pais e nais: ferramenta ou problema?

Recoméndase poñer normas colectivas de uso para evitar problemas na comunidade usuaria

G24.gal 30/08/2022 20:55

Chega setembro e con el regresan o outono, a escola e os temidos grupos de WhatsApp das familias do alumnado.

E, curso tras curso, segue vixente o decálogo para o bo uso da mensaxería instantánea no eido educativo que elaborou a Asociación Profesional de Pedagogos e Psicopedagogos de Galicia e que se resumo en dous asuntos principais: non perder de vista que se trata dunha conversa pública e que, polo tanto, pode ser que non coñezamos todos os participantes e tentar non converter o chat nunha axenda escolar.

Incómodos para uns, útiles para outros. Os grupos de WhatsApp de pais e nais levaban dous meses inactivos pero, si, tamén regresan coa volta ao cole. 

Limitar individualmente o tempo de consulta do chat e poñer normas colectivas de uso, como non repetir mensaxes e circunscribir a conversa a temas concretos pode evitar problemas.  

Moitos centros contan con canles propias para comunicarse coas familias, polo que non é recomendable que o WhatsApp sexa un instrumento para o traslado de responsabilidades escolares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar