Publicador de contidos

É tempo de frío e o corpo pide alimentos que acheguen máis enerxía

É tempo de frío e o corpo pide alimentos que acheguen máis enerxía

Para combater a baixada de temperatura téndese a comer pratos máis contundentes e de culler

Os pratos con legumes son unha gran fonte de enerxía e axudan a vencer o frío

G24.gal 28/02/2023 13:48

Con este frío amais de abrigarnos ben, o que comemos tamén xoga un papel fundamental para combater as baixas temperaturas. Hai alimentos que nos axudan a entrar en calor e facerlle fronte así ao frío.

Con este tempo, tendemos a comer pratos que nos acheguen máis enerxía e calor, deste xeito soportamos mellor as baixadas de temperatura. Pratos de culler como as lentellas, as sopas ou os purés, son sempre benvidos para deixar de tremer e, como din, os que recompoñen o corpo.

Recomendan os expertos inxerir alimentos que nos acheguen máis calorías, como os legumes, pois co frío o noso corpo gasta máis enerxía para manter unha temperatura constante.

Iso si, non debemos esquecer consumir verduras e froitas como laranxas, kiwis ou mandarinas, que achegan vitamina C e fortalecen o noso sistema inmunolóxico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Publicador de contidos