Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca a ABAU en Galicia para preto de 12.700 estudantes

Arranca a ABAU en Galicia para preto de 12.700 estudantes

Os 12.661 matriculados divídense en 11.047 estudantes que acudirán á convocatoria ordinaria completa e 1.613 que unicamente se presentarán á fase voluntaria para subir a nota

Este día inaugural continuará con lingua castelá e literatura; matemáticas aplicadas ás ciencias sociais e fundamentos da arte, e finalizará ás 17:30 horas cos exames de economía da empresa e deseño

G24.gal 07/06/2022 09:46 Última actualización 07/06/2022 15:11

As probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade reúnen en Galicia, entre este martes e o xoves, a 12.661 alumnos, 300 estudantes menos que a convocatoria de xuño do ano pasado, segundo os datos achegados pola Comisión Interuninversitaria de Galicia.

Os nervios, os círculos e as saídas ao baño sucedéronse desde as 09:00 ata as 10:00 horas nos corredores e portas das centenares de aulas que serven de sede dos exames, centralizados desde 36 comisións, sete menos que en 2021 grazas á mellora da situación sanitaria.   E é que a deste ano é a primeira ABAU postpandemia.

Déixase a elección do alumnado e do profesorado encargado de velar polo desenvolvemento das probas se deciden empregar a máscara nas aulas.   Tamén cambia a configuración na distribución do alumnado nas aulas, con só un asento de separación entre estudantes, o que permitiu reducir o número de espazos nos que se desenvolven as probas.

Os 12.661 matriculados divídense en 11.047 estudantes que acudirán á convocatoria ordinaria completa, é dicir, materias troncais, e 1.613 unicamente presentaranse á fase voluntaria para subir a nota que obtiveron noutra convocatoria.

A desagregación da cantidade de alumnos matriculados para a convocatoria de xuño determina que os campus máis frecuentados son os da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo con, aproximadamente, 2.700 estudantes, cada un.

O presidente da Comisión Interuniversitaria de Galicia, Celso Rodríguez, explicaba que "tentamos contribuír a que estean tranquilos, e non teñen que utilizar máscara porque non é necesaria".

Unhas 800 persoas, tanto profesorado das universidades como das ensinanzas medias, traballan coordinadamente para que todo saia ben. E polo que puidemos pulsar na primeira proba, a de historia de España, non houbo sobresaltos.

Os horarios das probas serán iguais respecto aos pasados anos de pandemia. A primeira xornada iniciouse o martes ás 9:00, coa presentación, ás 10:00 comezou o exame de historia de España. Minutos antes de comezar o exame, os alumnos manifestaban que tiñan moitos nervios. 

A industrialización e o impacto da chegada do ferrocarril, a Restauración  borbónica e a Transición á democracia tras o fin da ditadura centraron o exame que, como dicían ao saír os estudantes, "non foi para tanto". 

Este día inaugural continuou con lingua castelá e literatura (12:00 horas); matemáticas aplicadas ás ciencias sociais e fundamentos da arte (15:30 horas), e finalizará ás 17:30 horas cos exames de economía da empresa e deseño.

Novidades ABAU 2022

A principal novidade desta convocatoria é que os alumnos cunha materia suspensa ao acabar segundo de bacharelato puideron presentarse á ABAU se o claustro así o acordou, sempre que se cumpran determinados requisitos. Esta medida só se aplicou se o profesorado cre que o alumno logrou os obxectivos adecuados; que non exista unha inasistencia continuada e non xustificada; que se presentou ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación e que a media aritmética das notas en todas as materias sexa igual ou superior a cinco.

O protocolo presenta dúas innovacións respecto ao ano pasado. As máscaras non serán de uso obrigatorio como nas dúas últimas convocatorias. É decisión do alumnado e do persoal que colabora coas probas acudir aos exames de acceso á universidade coa máscara.

Outro cambio está centrado na distribución dos estudantes nas aulas dispoñibles para realizar as probas. O espazo entre alumnos reducirase a un asento, o que implica que as aulas serán aproveitadas na metade da súa capacidade total, sen límite de matriculados. Por outra banda, os vixiantes distribuiranse da mesma maneira: un vogal para aulas con menos de 40 alumnos e dous para as clases que superen este número.

Os estudantes terán que agardar ata o día 16 para coñecer as notas provisionais e o día 23 para saber as definitivas.

 

 

O presidente da Comisión Interuniversitaria de Galicia, Celso Rodríguez, explicaba que "tentamos contribuír a que estean tranquilos, e non teñen que utilizar máscara porque non é necesaria".

Unhas 800 persoas, tanto profesorado das universidades como das ensinanzas medias, traballan coordinadamente para que todo saia ben. E polo que puidemos pulsar na primeira proba, a de historia de España, non houbo sobresaltos.

A industrialización e o impacto da chegada do ferrocarril, a Restauración  borbónica e a Transición á democracia tras o fin da ditadura centraron o exame que, como dicían ao saír os estudantes, "non foi para tanto". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade