Cine en cadeira de rodas, o mundo a medio metro do chan
Cine en cadeira de rodas, o mundo a medio metro do chan
O cineasta vigués Gonzalo Suárez estrea un documental no que relata a súa propia historia
O cineasta vigués Gonzalo Suárez converteu un feito traumático nun filme que se acaba de preestrear na Seminci de Valladolid. Suárez presta a súa mirada desde unha cadeira de rodas nun documental que lle serviu de terapia e de proceso de reconstrución.
A historia de Gonzalo comeza cun brutal accidente en Valladolid que o deixou en cadeira de rodas. Ao rematar os seus estudos de cinema decidiu contar a súa propia historia.
O filme está feito desde a súa propia óptica a medio metro do chan e conta como Gonzalo redefiníu a súa vida facendo baloncesto en cadeira de rodas e modificando os seus costumes, como fixo terapia con esta gravación. A súa narrativa, di, está moi lonxe da épica americana da superación.
Gonzalo é ademais director do festival de cinema inclusivo de Vigo, unha oportunidade que a arte nos brinda para poñernos na pel das persoas con diversidade funcional.