Tentan rescatar cinco mineiros atrapados nunha explotación de cobre en Chile
No accidente, tras un tremor, tamén morreu un mineiro e quedaron feridos outros nove
Máis dun cento de persoas especializadas traballan contra o reloxo no norte de Chile, para rescatar cinco mineiros atrapados no interior da mina El Teniente, a maior explotación de cobre baixo terra do mundo.
Os traballadores quedaron atrapados este xoves, a consecuencia dun tremor que alterou a estrutura da mina.
No accidente morreu un mineiro e outros nove quedaron feridos. Os rescatistas din que as máquinas están a setenta metros dos mineiros atrapados, cos que non se puido establecer contacto, polo que non saben o seu estado.
Neglixencia empresarial
A punto de cumprirse as 48 horas consideradas críticas pola empresa, a estatal CODELCO, os sindicatos din que o tremor puido producirse por unha neglixencia empresarial. O asunto está sendo investigado pola fiscalía.