Publicador de contidos

Publicador de contidos

Redondela prepara a festa da batalla de Rande cun desfile polas rúas da vila

Redondela prepara a festa da batalla de Rande cun desfile polas rúas da vila

A recreación do acontecemento histórico terá lugar a vindeira fin de semana

G24.gal 11/10/2025 22:03 Última actualización 11/10/2025 22:40

Redondela vai quentando o ambiente con vista á batalla de Rande. A vindeira fin de semana terá lugar a recreación da contenda histórica, aínda que esta tarde de sábado houbo xa un adianto, cun desfile dos figurantes polas rúas da vila.

Encabezan o pasarrúas as tropas hispanofrancesas dirixidas por Gaspar Antonio de Zúñiga, naquela altura de 1702 capitán xeral do reino e gobernador de Galicia, encargado de protexer o ouro que viña das Américas agochado nos galeóns fondeados na enseada de San Simón.

Corenta figurantes participan neste desfile que serve para promocionar a festa da batalla de Rande, que acada xa a duodécima edición. Un xeito tamén de animar a propios e foráneos para unirse á celebración.

A vindeira fin de semana terá lugar a festa propiamente dita, con feirón, obradoiros e a recreación do episodio bélico. Dende a organización anuncian novidades na representación teatral da batalla.

O desfile rematou na praza da Torre, onde se escenificou o enfrontamento entre os soldados de cada bando. Coñecemos o resultado final: a batalla gañárona os ingleses, pero o tesouro foi para Castela. Malia os desexos da veciñanza, pouco ouro quedou na vila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade